Presentada a sexta edición da Carreira Popular do Apóstolo de Vilaño, na Laracha

2 minutes read
  • Este sábado día 3 abriuse o prazo de inscripción na proba deportiva que se celebrará o sábado 16 de xullo, en vísperas das festas patronais do Santiago Apóstolo.

No acto de presentación, xunto ao alcalde, Jose Manuel López Varela e a concelleira de deportes Patricia Bello, en representación da Asociación Cultural Adro de Vilaño (entidade organizadora) estiveron Sergi Pena Esmoris (presidente), Tamara Rey (secretaria) e outros membros da asociación.
Esta será a sexta edición deste evento deportivo e solidario que se desenvolve na parroquia de Vilaño, ao lado no nucleo larachés e no cal a asociación organizadora traballa ano tras ano duramente para poder ofrecer a mellor organización posible. Na edición anterior foron preto de 800 os participantes, cifra que agardan seguir aumentando para consolidar aínda máis esta proba como un referente deportivo no propio concello e na Costa da Morte.
O evento desenvolverase de forma moi similar á edición anterior, sendo o punto de saída e chegada no Adro de Vilaño, donde a asociación organizadora ofrecerá un lote de servizos para os participantes: gardería para os nenos con monitores, gardarroupa, duchas, aparcamentos, fisioterapia e avituallamento líquido e sólido e o remate do evento, haberá un xantar popular con racións a prezos asequibles.
Os percorridos serán iguais ós das edicións anteriores , estando deseñados para tódolos públicos, dende nenos de 3 anos ata veteráns, habendo premios para todos eles.
A distancia da proba absoluta será de 10 Km que transcurrirán por Vilaño e parde da Laracha. De forma paralela desenvolverase a Andaina saudable e solidaria por un circuito de 3,8 Km. Parte da recaudación será doada a Cáritas de A Laracha e a AECC.
O evento será en horario matutino, dando comezo ás 10:45 h coas categorías escolares, as 11:45 h saída da proba absoluta e finaliza coa saída da Andaina planificada para as 11:50 h.
As inscripcións xa se poden facer efectivas na web oficial da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata o xoves 13 de xullo. Tamén se habilitarán puntos de información e inscripción presencial:

  • Concello de A Laracha (departamento de deportes)
  • Piscina Municipal de A Laracha
  • Tenda Cultiagro (A Laracha)
    A maiores, os menores de idade terán a posibilidade de deixar feita a inscripción nos propios centros de ensino do concello, aos que a entidade organizadora fará chegar dípticos con ficha de inscripción incluida.
    O prezo da inscripción é de 6 euros para os maiores de idade e gratis para os menores, tanto na carreira como na andaina. Coa inscripción, os participantes recibirán a “bolsa do corredor” que inclue unha camiseta técnica conmemorativa do propio evento.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?