Presentada a XVI Mostra de Teatro de Malpica

PIXABAY

  • Arrincará este venres coa función ‘Bernarda’, de Malasombra Producións

O Concello de Malpica presentou este martes a XVI Mostra de Teatro que comezará este venres, 30 de outubro, coa función ‘Bernarda’, de Malasombra Producións. Será ás 20:30 horas no Centro Cívico.

A programación estará marcada polo protocolo hixiénico-sanitario e ‘as sesións’, engaden desde o goberno local, ‘estarán condicionadas ao contexto vixente no momento de celebrarse’.

As funcións estenderanse ata o 11 de decembro no Centro Cívico, na Escola das Pozacas de Cerqueda, no Centro Social de Barizo, no Mercado de Abastos e no Antigo Centro Comarcal de Buño. Todos os escenarios contarán cun aforo limitado ao 50 % da súa capacidade.

Para acudir, poderanse reservar os asentos no teléfono do departamento de Cultura, no 981 707 104.

Cartel da XVI Mostra de Teatro de Malpica_Cedido