Presentada a XXI Festa folk no fin do Camiño

Con este, son xa 21 anos, que a Asociación Anchoa leva traballando para ofrecer unha festa diferente, na que a música folk é a protagonista. Pero nesta edición contan con aires renovados xa que os máis novos colleron o relevo e están a levar a organización da festa, asesorados por aquelas e aqueles que durante todo este tempo estiveron ó goberno deste barco.

Veñen pisando forte xa que levan esta festa na sangue dende ben pequenos, e compre decir que, de non ser por eles, hoxe non estariamos presentando esta nova edición, dado que algúns dos compoñentes máis veteranos téñeno moi difícil para conciliar a súa vida personal co traballo de meses que hai detrás dun festival.

A Festa folk na fin do Camiño, terá lugar o terceiro sábado de agosto, como xa vén sendo habitual, que este ano coincide no día 19.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha