Axober, en colaboración co Concello de Carballo, volve a levar as rendas da organización desta feira de vehículos que celebra a súa 17ª edición do 1 ao 4 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas durante os catro días. Este luns realizouse o acto oficial de presentación na Praza do Concello coa participación dos 14 concesionarios participantes; o presidente de Axober, Isidro Varela; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e o alcalde, Evencio Ferrero. A Feira volve a celebrarse co formato de xornadas de portas abertas, tal como acordaron os propios participantes nas distintas reunións que se levaron a cabo para a súa organización. Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiamento.
Concesionarios participantes
- DIMOLK – PEUGEOT
- BALEATO MOTOR-RENAULT-DACIA
- VEHÍCULOS JUAN LEMA
- REBALCARS AUTOMÓVILES
- VILAS RAMA – CITROEN
- V-CAR – HYUNDAI
- ANTAMOTOR -NISSAN
- JGCAR
- CORGAL AUTOMOVILES KIA
- BERCAUTO-FIAT-ALFA ROMEO-JEEP
- GARVI AUTOMÓVILES
- GRUPO BREOGAN – TOYOTA
- PENSADO MOTOR – SKODA
- TALLER CINCO