Presentada en Carballo a 17ª edición de Berocasión


Axober, en colaboración co Concello de Carballo, volve a levar as rendas da organización desta feira de vehículos que celebra a súa 17ª edición do 1 ao 4 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas durante os catro días. Este luns realizouse o acto oficial de presentación na Praza do Concello coa participación dos 14 concesionarios participantes; o presidente de Axober, Isidro Varela; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e o alcalde, Evencio Ferrero. A Feira volve a celebrarse co formato de xornadas de portas abertas, tal como acordaron os propios participantes nas distintas reunións que se levaron a cabo para a súa organización. Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación… En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiamento.

Concesionarios participantes

  1. DIMOLK – PEUGEOT
  2. BALEATO MOTOR-RENAULT-DACIA
  3. VEHÍCULOS JUAN LEMA
  4. REBALCARS  AUTOMÓVILES
  5. VILAS RAMA – CITROEN
  6. V-CAR – HYUNDAI
  7. ANTAMOTOR -NISSAN
  8. JGCAR
  9. CORGAL AUTOMOVILES KIA
  10. BERCAUTO-FIAT-ALFA ROMEO-JEEP
  11. GARVI AUTOMÓVILES
  12. GRUPO BREOGAN – TOYOTA
  13. PENSADO MOTOR – SKODA
  14. TALLER CINCO