Presentada en Carballo a tradución do libro ” Se isto é un home”


Este sábado tivo lugar na librería Brañas Verdes de Carballo a presentación do libro ” Se isto é un home” traducido ao galego polo Carballés Xoán Manuel Garrido Vilariño, doutor en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo, e publicado por Editorial Xerais.

O libro, de Primo Levi, xa está dispoñible en Brañas Verdes. Esta obra é o testemuño dunha persoa sobrevivente de Auschwitc e intenta afondadar na condición humana.

Como prende en nós a seménte da intolerancia ata chegar a extremos como o exterminio?

Como foi humanamente posible o holocausto Nazi? E, máis concretamente: será posible de novo?

“Cando os discursos deshumanizadores conseguen arrastrar as persoas comúns, aí está o problema”, explica o tradutor Xoán Manuel Garrido Vilariño.

Numeroso público acompañou a Xoán Manuel Garrido Vilariño e a Ramón Tasende na presentación