Presentada en Vigo a 9ª edición da campaña Días Azuis do comercio galego

1 minutes read

A nova edición da campaña Días Azuis do comercio galego ten como obxectivo visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade. Deste modo, os clientes dos comercios que realicen as súas compras ata o vindeiro 17 de xullo deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com ou ben solicitar que o faga o propio comerciante. As opcións duplícanse utilizando ambas as dúas modalidades. Entre todos os participantes sortearanse un total de 12.000 euros en 64 tarxetas prepago: 24 de 250 euros e 40 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos antes do 30 de xuño do próximo ano. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 21 de xullo.