- O Goberno local do PSOE permite a ubicación do transmisor nun lugar diferente ao que figura no proxecto.
- O sistema radiante (antenas) tamén está fóra de ordenación.
- A PRA (Potencia Radiada Aparente) multiplica por 10 a legalmente autorizada.
- A Emisora usa sen autorización a marca -Radio Xallas- rexistrada por unha empresa externa allea ao Concello.
O Concello de Santa Comba podería enfrontarse a unha sanción mínima de 100.001 euros por levar anos infrinxindo a Lei en materia de comunicación audiovisual e telecomunicacións. Entre eles o DECRETO 102/2012, de 29 de marzo, polo que se desarrolla o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidad Autónoma de Galicia.Do mesmo xeito, a outra por utilizar a marca Radio Xallas, rexistrada na Oficina de Patentes y Marcas (OPM) con data de autorización 5 de abril de 2.018, con Nº.3.691.070 a nome da xerente dunha empresa externa totalmente allea ao Concello.
A irregularidade remóntase anos atrás, cando lle foi autorizada a ubicación na Casa do Concello en base á cota das súas coordenadas xeográficas (384 metros) e cun equipamento determinado (un dipolo axustado á frecuencia de emisión asignada polo Plan Técnico Nacional (PTN) 107.5 MHZ e cunha potencia radiada aparente (PRA) de 0,075KW, ou o que é o mesmo 75 Watios de transmisión directa e sen radioenlace intermedio autorizado).
O caso é que o Concello decidiu mantela en marcha contra todo pronóstico técnico e administrativo, cambiando a ubicación do centro emisor (actualmente no edificio multiusos Terra de Xallas), o sistema radiante (actualmente con dous dipolos en torre), a potencia de emisión de 75 Watios a 1.000, así como un radioenlace de envío de señal sen autorizar usando un canal da banda de 5 Ghz.
Podería ser que a ignorancia na materia ou un mal asesoramento poidera estar detrás destas irregularidades que se seguen cometendo desde infraestruturas municipais co beneplacito do Gobero local de turno. A Asociación de Radios Comerciais de Galicia e a súa delegación na zona sopesan darlle o mesmo trato a outras emisións irregulares ubicadas en dúas infraestruturas municipais de dous concellos limítrofes coa coincidencia do mesmo selo político do PSOE.