Presentadas 13 ofertas para executar o aparcadoiro disuasorio na PO-551 en Domaio

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar en verán as obras deste aparcadoiro nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do xa existente na marxe dereita da estrada autonómica, no punto quilométrico 33,2.   O aparcadoiro contará cun total de 75 prazas, 2 delas para vehículos conducidos por persoas con mobilidade reducida, e preinstalación de 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos. Disporá, ademais, de carrís de circulación interior dun só sentido e unha banda perimetral de itinerario peonil. A actuación forma parte dos proxectos promovidos ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.