Presentadas 7 ofertas para executar a nova vía de conexión da aldea de Fafián, en Ribeira

1 minutes read

A nova vía terá 220 metros de lonxitude, comezando na conexión coa estrada da deputación mediante a execución dunha glorieta de 34 metros de diámetro e finalizando en Fafián, cunha intersección en “T”, trátase dunha conexión entre a estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, e a aldea de Fafián.

Esta vía de novo trazado disporá de 2 carrís de 3,5 metros de ancho e beirarrúas de 2,10 metros. As beirarrúas na marxe da estrada garantirán un itinerario peonil continuo e seguro para o tránsito dos veciños.

Como intervencións complementarias, procederase á reposición do firme dos viarios urbanos afectados; e á reposición dos camiños de servizo, executando dous pequenos treitos para garantir o acceso ás leiras.

Ese pequeno tramo de 220 metros de nova vía permitirá captar un tráfico estimado de case 4.300 vehículos, o 3,4 % de vehículos pesados.