Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na AC-131, ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria nesta estrada autonómica, ademais de contribuír a potenciar e poñer valor unha contorna de gran valor natural e de interese turístico, como é a praia da Bestarruza, a baía do Baño e o Castelo da Palma. Mediante esta nova actuación habilitaranse case 600 metros de senda pola marxe dereita da estrada, desde onde finalizan as beirarrúas actuais ata a vía urbana de acceso ao Baño. A senda terá un ancho de 2,5 metros, agás nos seus primeiros metros que será máis estreita, con 1,25 metros, para salvar os peches existentes. Foron presentadas 7 ofertas de empresas para executar as obras desta senda, que suporán un investimento de preto de 550.000 euros.
8