Presentadas as candidaturas completas do PP de Malpica e A Laracha para o 28M

6 minutes read

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, aproveitou este domingo a súa presenza nos concellos de Malpica e A Laracha para poñer como exemplo a xestión realizada polos gobernos locais destes municipios fronte a outras forzas políticas ás que o único que lles preocupa, di, é que os populares non logren a maioría suficiente para poder seguir á fronte destes concellos.

O líder dos populares, arroupou a Eduardo Parga e a José Manuel López Varela nos actos de presentación das súas candidaturas á alcaldía de Malpica e de A Laracha acompañado por o secretario xeral, Evaristo Ben, aproveitou para incidir en que a súa formación aspira a lograr “maiorías sólidas” que permitan a ambos os candidatos seguir adiante cos seus proxectos á fronte destes municipios.

Dous candidatos con moita ilusión

Pola súa banda, José Manuel López Varela afirmou ter a “máxima ilusión por liderar este novo proxecto do Partido Popular da Laracha”, unha responsabilidade que asume con “humildade e co orgullo de estar á fronte dun grupo de 27 homes e mulleres que combina experiencia e xuventude, no que están representadas as trece parroquias, que conta con persoas de diversos sectores profesionais e todas elas preparadas para traballar pola mellora da calidade de vida dos nosos veciños”.

López Varela puxo en valor a “seria e eficiente” xestión do PP no Concello durante os últimos anos que fai da Laracha “un lugar cada día mellor para residir, convivir, traballar e investir”,  e concluíu  dicindo que “temos moi claro o modelo de municipio que queremos e, o que é máis importante, demostramos que sabemos como levalo a cabo con garantía e eficacia”.

Eduardo Parga, pola súa banda, comprometeuse a seguir adiante co seu proxecto contando con todos aqueles que teñan algo que aportar para “mellorar a vida dos veciños”. “Vimos a política a traballar pola nosa xente, deixando de lado os enfrontamentos e buscando sempre o que sexa o mellor para Malpica”, concluíu.

Presentación candidatura PP A Laracha.

CANDIDATURA PARTIDO POPULAR (PP) MALPICA

  • 1. Don EDUARDO JOSE PARGA VEIGA
  • 2. Don MIGUEL ANGEL FERNANDEZ MIRAS
  • 3. Doña NOELIA FREIJEIRO NOVO
  • 4. Doña MARIA SOLEDAD BLANCO GORIN
  • 5. Don RODRIGO MATO GARRIDO
  • 6. Don LUIS MIGUEL FERNANDEZ GARCIA
  • 7. Don JULIO JOSE VILA DIAZ
  • 8. Doña MARIA DEL PILAR DOLDAN POSE
  • 9. Don IAGO ESPASANDIN VARELA
  • 10. Doña MARIA ISABEL SUAREZ SANTIAGO
  • 11. Doña EVA ALVAREZ FERNANDEZ
  • 12. Don ALBERTO VAZQUEZ CAMBRE
  • 13. Doña ADRIANA COUTO BLANCO

Suplentes

  • 1. Doña MARIA DEL CARMEN PEREZ GONZALEZ
  • 2. Don OSCAR MANUEL GOMEZ PARDO
  • 3. Doña CARMEN MILLE RODRIGUEZ
  • 4. Doña MARIA TERESA ROJO NOVO
  • 5. Don JOSE CAMBRE GARCIA

CANDIDATURA PARTIDO POPULAR (PP) A LARACHA

  • 1. Don JOSE MANUEL LOPEZ VARELA
  • 2. Don JOSE RAMON MARTINEZ BARBEITO
  • 3. Doña PATRICIA MARIA BELLO CANEDO
  • 4. Doña MARIA DEL ROCIO LOPEZ REY
  • 5. Don PABLO CAMBON BERTOA
  • 6. Don JOSE ALBERTO BLANCO VEIGA
  • 7. Doña MARIA ALMUDENA MARTINEZ PEREZ
  • 8. Doña VERONICA PEREZ VERDIA
  • 9. Don JUAN CARLOS AMADO COLLAZO
  • 10. Doña ANA BELEN RODRIGUEZ VILAS
  • 11. Don MANUEL GARCIA MONTES
  • 12. Doña CRISTINA VIEITES CALVO
  • 13. Don FRANCISCO JAVIER SUAREZ LISTE
  • 14. Doña BEGOÑA DOMINGUEZ PATIÑO
  • 15. Don DANIEL ALEJANDRO REMUIÑAN GRAÑA
  • 16. Doña LUCIA VARELA RABUÑAL
  • 17. Don JOSE MARIA VARELA FRAGA
  • Suplentes
  • 1. Don ROBERTO MANUEL COTELO GOMEZ
  • 2. Don JESUS MANUEL RODRIGUEZ CASTRO
  • 3. Doña MARIA PURIFICACION GARCIA MONTES
  • 4. Doña MARIA DEL CARMEN SERRANO FRAGA
  • 5. Doña SORAYA GARCIA COTELO
  • 6. Don JUAN CARLOS PEREIRA VAZQUEZ
  • 7. Doña VERONICA GOMEZ BARREIRO
  • 8. Don JESUS ALEJANDRO ABELENDA POSE
  • 9. Doña ESTEFANIA RAMOS MONTES
  • 10. Don TORIBIO GARCIA RODRIGUEZ
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?