Presentadas as persoas do primeiro tramo da candidatura do BNG na Laracha

1 minutes read

O BNG da Laracha deu un paso máis cara o proceso electoral de maio coa presentación das cinco persoas que acompañan a Carolina Castiñeiras Brandón nos primeiros postos da candidatura. Nun recuncho tan emblemático coma a área recreativa de Gabenlle, a candidata á alcaldía deu a coñecer a seus compañeiros e compañeiras, entre os cales figuran tres caras novas nos postos 3, 4 e 5.

Así quedaría conformado o primeiro tramo da lista:

  1. Carolina Castiñeiras Brandón (Paiosaco), actual voceira do grupo municipal e concelleira dende o ano 2007, aínda que a súa experiencia política vén de máis atrás, xa que está vinculada ao proxecto nacionalista dende os 18 anos, e ao longo da súa traxectoria desempeñou diversas responsabilidades, primeiro en Galiza Nova e despois no BNG.
  2. Xosé María Cotelo Freire (A Laracha), é o coordinador da Mesa Pola Normalización Lingüística e da Plataforma Galega en Bergantiños e Costa da Morte. Traballador de AENA.
  3. David Bermúdez Lamas (Montemaior), é o responsábel de Galiza Nova na Laracha, e profesionalmente é un DJ moi recoñecido.
  4. Fanny Pombo Angeriz (Lemaio), administrativa nunha empresa do sector industrial.
  5. Maribel Fraga Cotelo (A Laracha), traballadora do sector sociosanitario
  6. José Ramón Mallo Buño (Coiro), labrego.

Carolina Castiñeiras agradeceu a xenerosidade dos seus compañeiros e compañeiras e o compromiso de toda a candidatura do BNG co necesario cambio de rumbo do Concello da Laracha.