31
Os tres grupos con representación no Parlamento galego, PPdeG, BNG e PSdeG, rexistraron as súas propostas para a renovación do Consello de Administración da Corporación da Radio Televisión de Galicia. O Partido Popular propón a Alfonso Cabaleiro, Ana Peón, Luis de la Matta e Higinio Meijide; o BNG a Carme Vidal; e o PSdeG a Irene Viña. Todos eles deben comparecer na comisión de control da CRTVG, e despois irán a votación no pleno.