Presentadas as Xornadas de Música Contemporánea e a Semana do Patrimonio Invisible

Santiago de Compostela acolleu a presentación das Xornadas de Música Contemporánea e a Semana do Patrimonio Invisible que se celebran neste mes de setembro na capital. O deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, participou na presentación dos dous programas xunto coa concelleira de Cultura, Mercedes Rosón e os responsábeis dos dous programas. As Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela volven cunha proposta de media ducia de concertos e espectáculos que traen á cidade as propostas máis innovadoras do panorama musical contemporáneo.

Patrimonio Aberto

No Concello de Santiago presentouse tamén a celebración da Noite do Patrimonio e a Semana do Patrimonio invisible, dúas actividades que contan tamén co apoio da Deputación da Coruña e que teñen como obxectivo poñer en valor a riqueza arquitectónica e cultural de Santiago. A Noite do Patrimonio, organizada no marco das actividades do Grupo Cidades Patrimonio de España celébrase o día 12 deste mes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha