Presentadas catro ofertas para executar as obras da reforma integral da UCI do CHUS

Hospital Clínico Universitario Santiago de Compostela

Un total de catro empresas veñen de presentar ofertas para executar as obras da reforma integral da UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago, nas que a Xunta de Galicia ten previsto investir 1,2 millóns de euros.

A pandemia orixinada polo covid puxo de manifesto novas necesidades, relativas á mellora das condicións de traballo do persoal sanitario da UCI. Isto, xunto a outros aspectos relevantes como a humanización, fai necesaria a reforma da UCI.

A solución proposta é transformar a UCI do Hospital Clínico nunha UCI con cubículos pechados. Esta acción permitirá mellores condicións laborais para os profesionais que alí desenvolven o seu traballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha