Presentadas máis de 150 alegacións ao proxecto de ampliación de Repsol no porto exterior de Langosteira

Máis de 150 alegacións foron presentadas ante a Autoridade Portuaria da Coruña por veciños e diversas asociacións veciñais ao Proxecto de Ampliación de Actividade e prazo de Concesión de Repsol Petróleo na dársena do Porto Exterior de Langosteira.
Segundo a Plataforma en Defensa da Natureza e Calidade Ambiental – Arteixo, o proxecto incorre en graves deficiencias e incumprimentos das normativas vixentes, e non deixa claro se este inclúe, ademais da almacenamento, carga e descarga de produtos, outras actividades de produción ou transformación, cuxo desenvolvemento non está permitido dentro do marco da actividade portuaria.
Os veciños e visitantes habituais do Concello de Arteixo constatan, desde a creación da citada dársena, unha gran deterioración en praias, contornas naturais e fauna, así como un incremento moi considerable de contaminación acústica e tráfico pesado…
A isto hai que engadir tamén o preocupante empeoramento da calidade do aire, unha información que, segundo a Plataforma, o Concello de Arteixo se nega a publicar, a pesar de solicitalo veciños e algún partido da oposición.
Dado que o espazo que actualmente ocupa o Porto de Langosteira -nada menos de 6 millóns de m2 ocupa a instalación- foi
retraído do Patrimonio Público dos cidadáns para a realización de actividades económicas de entidades privadas, esixen que o
desenvolvemento do recinto portuario obedeza exclusivamente a proxectos compatibles coa contorna e a calidade de vida, e anuncian que serán moi belixerantes contra a implantación e o desenvolvemento de calquera proxecto que non responda a unha actividade portuaria tradicional.


Cabe lembrar, que o Porto Exterior creouse como Porto Refuxio a raíz do sinistro do Prestige. Posteriormente, expúxose o traslado dos depósitos de Repsol e a liberación de espazos portuarios na dársena da capital coruñesa. E, finalmente, co obxectivo prioritario de reducir a débeda da entidade portuaria, a esta institución ocorréuselle transformar o Porto Exterior arteixano nun Macro Polígono Industrial de xeito evidente fraudulento de Lei.
O sentir dos veciños e asociacións é o que foron enganados reiteradamente, quedando indefensos para poder realizar alegacións e mostrar o seu rexeitamento ao uso dun Dominio Publico de altísimo valor natural e cultural, para dar paso a un Polígono Industrial Costeiro que xa deteriorou
irreversiblemente o medio ambiente, e que derivará aínda máis nun verdadeiro desastre para toda a comarca.


Segundo prosegue a Plataforma, neste caso concreto – Ampliación Actividade Repsol – incúmprense as seguintes normativas, entre outras:

  • Non consta a obrigada avaliación ambiental.- Lei 21/2013
  • Modificación substancial da Concesión actual. Leis Portos 82.2 e 88.2
  • Non garante a Protección do medio ambiente – Art.45 Constitución
  • Non garante a Protección da Saúde Humana – Lei 33/2011
  • Falta de Exposición Pública real e efectiva – Lei 39/2015 e outras
  • Inexistencia de Proxecto Público
  • Vulneración do Dereito de Participación Pública.

PDNC Arteixo, como Plataforma que coordina a acción dos colectivos antes mencionados, levará a cabo accións para esixir que os dereitos de Participación Pública sexan respectados, e que sexan os cidadáns os que teñan unha maior capacidade de decisión no desenvolvemento das accións, superficies e actividades que se van a realizar na Franxa Costeira subtraída e posta ao servizo de intereses privados.

Related posts

Sorteados na Laracha os regalos da terceira edición do programa «Agasalla comercio local, ten premio»

Telefónica asinou un acordo con OpenAI para ofrecer ChatGPT Plus aos clientes de Movistar

Ponteceso avanza na creación dun novo aparcadoiro na avenida Anllóns