A Xunta de Galicia recibiu xa máis de 600 solicitudes para acollerse ás dúas liñas de axudas convocadas no que vai de ano para financiar actuacións de rehabilitación enerxética en vivendas e edificios. Trátanse do PREE 5000, con incentivos que poden chegar a cubrir a totalidade da obra e que terá que garantir un aforro enerxético mínimo dun 30%, e do programa a nivel de vivenda, que ofrece axudas de ata 3.000 euros, principalmente para cambio de xanelas. Ademais das dúas liñas xa mencionadas e con prazo de solicitude aberto, haberá outros incentivos á rehabilitación residencial como as subvencións para a mellora da accesibilidade en vivendas e edificios residenciais, que se convocarán proximamente e ofrecerán axudas de ata 21.000 € a particulares, administracións e empresas públicas.