Presentadas máis de 700 comunicacións previas para cachelas en todo Carballo

1 minutes read

A cifra é similar á dos últimos anos. Este xoves, aproveitando a celebración do mercado semanal, foron moitas as persoas que se achegaron ata a casa do concello para facer o trámite da declaración responsable, aínda que cada ano son máis os veciños e veciñas que utilizan o correo electrónico. A autorización comprende tanto as cachelas de San Xoán coma as de San Pedro, sempre que se faga constar así no impreso. No que se refire á hostalaría, os establecementos do sector quedan dispensados ata o día 30 da prohibición de realizar grelladas na vía pública.

As normas para a elaboración das cachelas son as seguintes:

  • As cachelas terán que distar un mínimo de 12 metros de edificacións e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión será de 4 metros, cunha altura máxima de 2.
  • Omateriais a empregar serán materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC en xeral e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.
  • A persoa solicitante terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos Corpos da Policía Local, Protección Civil ou Corpo de Bombeiros. En caso de emerxencia están dispoñibles os seguintes teléfonos: Servizo de Bombeiros (112 / 981758057), Policía Local (981701722) e Protección Civil (981 704048). 
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?