As obras, licitadas pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas por un orzamento de 865.000 euros, teñen como obxectivo a construción dunha senda peonil e ciclista ao longo da citada vía autonómica e cunha lonxitude de algo máis de 1 quilómetro. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.
O itinerario proxectado conectará coas beirarrúas e favorecerá a existencia dun corredor peonil-ciclista metropolitano na contorna de Arteixo.
Esta actuación completarase cunha franxa de xardín para separar a senda do tráfico, coa mellora dunha parada de autobús e a dotación de novo alumeado público.
Esta obra da Xunta súmase a outras anteriores nesta estrada AC-552, como os treitos de senda entre Pastoriza e Vilarodís, reforzos de firme, ampliación da calzada, ou mellora da seguridade en paradas de autobús.