Dirixido por Alejandro Gándara Porteiro, trátase dun proxecto recoñecido con 14.000 euros no III Certame «Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza».
O acto, celebrado nas Torres do Allo, contou coa participación da deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; do alcalde de Zas, Manuel Muíño; e do propio director do documental, Alejandro Gándara, que interveu durante a presentación da obra.
O documental propón unha viaxe pola Costa da Morte a través do seu patrimonio histórico, con especial atención a elementos como castelos, torres e pazos, ofrecendo unha aproximación ao valor cultural e patrimonial deste territorio.