Este xoves tivo lugar no Concello de Carballo a presentación do proxecto europeo ACADAS (Alianza para o Recoñecemento inClusivo de méritos eDucacionais). Este é un proxecto europeo “Erasmus +” no que participa ASPABER (Asociación de Pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños), xunto con outras entidades como Necmettin Erbakan Üniversitesi de Turquía, European Laboratory on Training Education and Citizenship de Italia, St Ita’s Special School de Irlanda, Centre of Education and Rehabilition for the Blind de Grecia e Pro Mente Croatia de Croacia.
Segundo explicou Dolores Fernández, “Actualmente as persoas con discapacidade non soen ter unha titulación académica porque o sistema lles da adaptación curriculares que permiten a súa escolarización pero non que saquen un título”. Por iso desde Aspaber se entendeu que había que facer algo, e entenderon que o mellor sería un proxecto europeo que permitise analizar as diferentes realidades a nivel europeo e así ser capaces de que durante dous anos o traballo das entidades que forman deste proxecto, poidan presentar unha boa práctica que axude á EU e a todos os estados membros, a tomar decisións a prol de que se recoñeza de algún xeito o conseguido polos alumnos e alumnas con discapacidade ao longo da súa escolarización, independentemente de si chegan a titular ou non.
“ACADAS é o nome do proxecto que reflexa moi ben o principal obxectivo do proxecto, analizar como unha persoa acada a CAPACITACIÓN para facer algo, que cada alumno ou alumna poida contar coa súa mochila cargada de capacidades”.
“Analizarase por parte dos socios un informe da UE onde se indica que existe un altísimo abandono escolar temperá das persoas con discapacidade o cal desde os socios se ten claro que non é unha análise correcta, se non que é o proxecto quen os exclúe”.
Os membros do proxecto foron recibidos no Concello polo Sr. Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero, o cal destacou o compromiso do Concello de Carballo coas incorporación das persoas con discapacidade á vida cotiá e laboral, despois desprazáronse ata o Museo de Bergantiños onde se lles fixo unha presentación da bisbarra e xa pola tarde as entidades tiveron unha intensa xornada interna de traballo nas instalacións de Aspaber.