Presentado en Corme o Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro

O sétimo arte entra pola porta grande coa Asociación Cultural Insua de Viastela que trouxo ao gran cormelán Xosé María Gagino, un realizador e produtor de longo palmarés, recentemente premiado co premio Mestre Mateo. O primeiro certame de cine de Corme Xosé Manuel Ferreiro vai ser un gran revulsivo cultural, dende o único museo de arte contemporánea da Costa da Morte.

O directivo da Asociación e escritor cormelán Suso Lista presentou o evento, dando as primeiras pinceladas do que vai vir no verán. Xosé María Gagino fixo unha breve introdución ao xénero documental e o filme que se proxectou, Os Homes de Arán, unha verdadeira xoia do xénero, irlandés, do ano 1934.

Nunha breve introdución, o Alcalde de Ponteceso Xosé Lois García Carballido, lembrou a entrañable figura do homenaxeado Presidente da asociación cultural Eduardo Pondal de Corme Porto. O rexedor, quixo poñer en valor que o Museo foi adquirido polo Concello de Ponteceso para o pobo e a cultura de Corme Porto e de toda a Costa da Morte. Lembrou que a Deputación da Coruña ven incrementando o apoio cunha subvención para contar con persoal técnico de Museos, valorando a aposta do Concello de Ponteceso por incrementar o investimento no Museo.

«puxemos unha gran pantalla despregable, proxector, audio e nova iluminación, e a, AC Insua de Viastela é a primeira en aproveitar esta mellora, dámoslle os parabéns e convidamos a traballar na mesma liña a todo o movemento asociativo». A sala que denominamos «a catedral» polo maxestoso da súa cúpula acristalada e altura, quedou pequena pola gran asistencia de público ó evento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha