Presentado en Malpica o libro ‘Las diez mil hijas de Irene. Cien años de fútbol femenino en Galicia’


Ao acto acudiu o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro, Miguel Ángel Mirás, e a concelleira de Deportes Noelia Freijeiro impulsora da realización do evento. Ante un auditorio moi concorrido, no que estaban numerosas xogadoras dos equipos femininos de Malpica, o periodista Alex Centeno, autor do libro, fixo una extensa explicación sobre o mesmo e respondeu as preguntas das xogadoras e do público. María Bardanca, técnica de deportes do Concello, e xogadora de fútbol referente a nivel galego, foi unha das condutoras do evento e tamén quixo compartir a súa experiencia no mundo do deporte. Ao finalizar a presentación Alex Centeno firmou numerosos exemplares do seu libro.