Presentado en Muxía o ‘Catálogo de pombais na Costa da Morte’

Este martes tivo lugar no Salón do Voluntariado de Muxía a presentación do ‘Catálogo de pombais na Costa da Morte’ realizada polo veciño do Concello de Muxía e alumno-traballador do obradoiro dual ‘Camiño ao Emprego’, Arxires Mouzo. Unha clase maxistral sobre este tipo de construcións tradicionais, que contou co apoio do alcalde local, Iago Toba, presente no acto.
O rexedor transmitiu ao alumno e aos presentes a posibilidade de editar dito traballo e facer unha labor didáctica no municipio muxián.
O acto tivo moi boa acollida e causou unha gran sorpresa e interese entre os presentes, que «redescubriron» a historia dos pombais na comarca.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha