O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participou na presentación do I Foro Internacional de Economía e Cultura Rural en Santiago de Compostela na que destacou a necesidade de converter o rural en «protagonista de iniciativas políticas que recuperen o seu potencial para o que se precisa confianza nas súas capacidades». No acto de presentación participaron tamén o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel e o organizador do Foro, Aser Álvarez. Xosé Regueira incidiu na «aposta polo medio rural» que se está a desenvolver desde a Deputación da Coruña destinando axudas do Plan Único para concellos pequenos e medianos e tamén no propio apoio á iniciativa de FICRURAL á que achega nesta primeira edición un orzamento de 120.000 euros.
45