Presentado o Bergantiños 22-23

O Bergantiños celebrou este mércores no estadio das Eiroas a presentación do equipo ao completo para a próxima tempada 2022/23. Tempada na que o club carballés cumprirá 100 anos de historia. Ao acto acudiron o presidente Luciano Calvo e membros da directiva, ademais do alcalde carballés, Evencio Ferrero, quen desexou moita sorte a todos e que o equipo estea o máis arriba sempre. Foi un día de festa, onde ademais houbo varios sorteos de agasallos, entre eles a camiseta do Centenario, que pronto se presentará. Outro dos momentos emotivos foi a entrega dun agasallo ao xogador Marcos Remeseiro pola súa recente paternidade, e que o recibiu de mans do presidente do equipo, Luciano Calvo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha