Presentado o cartel da 38ª edición da Mostra de Olaría de Buño, en Malpica

Presentación cartel 2022_Cedida

  • Jessica Mariño é a creadora da imaxe.

Este venres presentouse de xeito oficial o cartel da Mostra da Olaría de Buño, que se celebrará a súa edición número 38 do 4 ao 7 de agosto. Ao acto acudiron o alcalde, Eduardo Parga; o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo; o concelleiro Miguel Ángel Fernández; o presidente da asociación de oleiros, Francisco Xosé Gorín e Jessica Mariño, a creadora do cartel.

Durante a presentación Gorín agradeceu o apoio recibido por parte do Concello e doutras administracións e sinalou que este ano Mostra chega con novidades: unha festa de música tradicional galega na que participarán tres grupos da localidade e dous convidados e unha exposición cos carteis de todas as edicións. Ademais, o sábado «vai ser un día bastante forte porque imos tentar que o horario comercial sexa durante todo o día ata ás 22.00 horas», sinalou o presidente dos oleiros.

Tanto Gorín como o rexedor, Eduardo Parga, felicitaron a Jessica Mariño pola súa obra e convidaron a toda a veciñanza e turistas a participar da Mostra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha