A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela, José Ramón Muñiz, participaron na presentación do cartel elaborado de xeito conxunto por todas as confrarías da Semana Santa compostelá nunha edición especial co motivo do Ano Santo, nun acto que tivo lugar na Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela. Ambos destacaron que o desenvolvemento desta edición estará marcado pola evolución da pandemia. Neste sentido, a organización está pendente dun encontro a finais de mes co Arcebispado de Santiago de Compostela para tomar unha decisión sobre a súa celebración. O obxectivo co que se traballa é avanzar na organización do evento, no caso de poder celebrarse, tendo en conta as limitacións e medidas hixiénico-sanitarias precisas, para darlle continuidade ao evento declarado Festa de Interese Turística de Galicia desde 2018. En todo caso, a organización conta con, polo menos, poder levar adiante o pregón por ser un acto realizado nun espazo público, cumprindo coas medidas sanitarias vixentes nese momento.
17