A comisión de festas da Milagrosa, que preside José Luís Barca Añón (Luitino), presentou este xoves o cartel dos festexos que se celebrarán os días 5, 6 e 7 de setembro. O acto de presentación tivo lugar na fachada exterior da Capela. O cartel trátase dun novo traballo da ilustradora carballesa Isa Bermúdez, un cadro ao óleo da imaxe da viexe do que se quitaron as flores de forma dixital. A comisión de festas aproveitou para dar as grazas a todos os artesáns que cada ano prestan a súa colaboración en actos como a elaboración das alfombras, etc. Próximamente terá lugar a presentación da revista das festas coa colaboración de diferentes casas comerciais e darase a coñecer o programa completo, cun amplo elenco musical e festivo.