23
Na pasada Asemblea Local, renováronse os cargos orgánicos do BNG da Laracha, a militancia escolleu por unanimidade a Estefanía Pombo como responsábel local. Quedando como vicerresponsábel Xosé María Cotelo. Completan o Consello Local electo: o concelleiro David Bermúdez, a portavoz Carolina Castiñeiras e, ademáis, Xoán Sande, Oscar Calvo e Maribel Fraga. Os nacionalistas afirman que o obxectivo deste Consello Local será aumentar a militancia e afrontar as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galiza para converter a Ana Pontón na próxima Presidenta da Xunta.