Presentado o festival Castelo Conta

1 minutes read

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participou, xunto co alcalde de tamén deputado, José Ramón Rioboo, na presentación do festival Castelo Conta que dirixe o actor natural da parroquia, Xosé A. Touriñán, e que ofrecerá durante cinco días, do 19 ao 24 de agosto, un amplo programa de actividades para todos os públicos, con apartados especiais para as crianzas e para maiores que participan contando as súas historias.

A veciñanza do Castelo encheu o local social da parroquia para participar na presentación dun festival que se desenvolverá nas distintas aldeas e inclúe a participación de monologuistas como Carlos Blanco, Avelino González, Celso Sanmartín, Lucía Veiga, Federico Pérez ,Pepo Suevos e moitos outros nomes da narración oral ademais de músicos como Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Sito Sedes ou Pablo Díaz.