36
- Editado e publicado polo Instituto de Estudos Bergantiñáns.
O acto, organizado polo Concello da Laracha, celebrouse na área recreativa de Gabenlle -xunto ao río Anllóns-. Asistiron unhas 60 persoas para escoitar as intervencións dos cinco autores da obra: Xan Fernández, Evaristo Domínguez, Antón García Losada, Fernando Cabeza Quiles e Luis Giadás Álvarez. Pechou a quenda de intervencións o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela. A xornada estivo amenizada coa actuación musical en directo de María Goris e David Gayoso.