Presentado o novo adestrador do Deportivo


Borja Jiménez Sáez (Ávila, 21 de xaneiro de 1985) foi presentado este luns como novo adestrador do Deportivo. Acompañado polo Presidente do Club, Antonio Couceiro; e polo seu segundo adestrador, Álex Martínez López, o técnico abulense pousou en primeiro lugar para os medios gráficos no campo principal da Cidade Deportiva. A continuación, someteuse ás preguntas dos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo, coa presenza tamén dos membros da secretaría técnica encabezada por Carlos Rosende.

En primeiro lugar subliñou estar «moi contento de poder estar aquí. Cando se abriu a posibilidade de adestrar ao Dépor, falando coa xente da miña contorna, tiña moi claro que quería estar aquí. Paralizamos o resto de cousas que podiamos ter doutras categorías. Quería formar parte do Deportivo.

Nestes poucos días que levo instalado na cidade, poder formar parte do Deportivo é moito máis grande. Quizais os que esteades aquí no día a día perdedes un pouco esa percepción do que é o Dépor. É un dos grandes clubs de España. Tiven a posibilidade de verlles gañar títulos. Fai tres anos vin aquí co Rápido de Bouzas a xogar contra o Fabril e hoxe teño a posibilidade de adestrar ao primeiro equipo, así que estou encantado».