Presentado o novo libro de Laura Suárez: Monte Pindo. Historias e Lendas do Olimpo Celta


Este domingo presentábase no entorno da Fervenza do Ézaro o novo libro de Laura Suárez: Monte Pindo. Historias e Lendas do Olimpo Celta. Acompañaron á autora neste acto José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Presentou o acto a concelleira de Cultura de Dumbría, María Lema. O alcalde quixo aproveitar a ocasión para destacar a figura do sr. Pepe do Fieiro, veciño do Ézaro e gran coñecedor do Monte Pindo, e agradecer a súa desinteresada colaboración continua con este Concello na divulgación desta paraxe. Ademais, tamén asistiron á presentación os alcaldes dos concellos de Carnota e Vimianzo.