O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou na Comisión de Economía do Parlamento de Galicia o proxecto dos Orzamentos 2024, os máis altos da historia da institución provincial.
Entre os proxectos estratéxicos para o vindeiro ano destacan a aposta polo sector audiovisual galego, coa construción do maior estudo virtual de España na Cidade das TIC da Coruña, a extensión da Rede de Espazos de Coworking no rural e da Vía Verde, que permitirá conectar con sendas ciclistas as cidades da Coruña en Santiago neste mandato.
Formoso fai balance da «revolución» que supuxo a posta en marcha do Plan único, con 549 millóns de euros de investimento e 3.920 obras nos concellos coruñeses: «Hoxe, os concellos reciben ata catro veces máis fondos da Deputación e teñen total liberdade para decidir en que os invisten».
O Plan de Emprego Local (PEL), que impulsou a creación 6.119 empregos na provincia en oito anos, aumenta o seu orzamento nun 24% en 2024, ata os 16 millóns de euros.
Denuncia que concellos e deputacións seguen asumindo competencias da Xunta de Galicia sen financiamento axeitado e cun Fondo de Cooperación Local «conxelado dende hai máis dunha década», conclúe.