Presentado o Plan de Igualdade Municipal en Muxía

Presentación "Plan de Igualdade" en Muxía_Cedida

  • Este documento define as liñas de actuación contra a violencia de xénero durante os próximos catro anos

Este xoves tivo lugar en Muxía a presentación do Plan de Igualdade Municipal, un documento elaborado de xeito participativo no que colaboraron diversas persoas e entidades da localidade. A finalidade do mesmo é definir as liñas de actuación que se deben impulsar en Muxía, nos vindeiros catro anos, para loitar contra a violencia de xénero, «apostando pola igualdade entre homes e mulleres como principal ferramenta», destacan desde o Goberno local.

A principal novidade deste programa radica «no seu compoñente práctico e flexible, adaptado e adaptable a diferentes circunstancias, contornas e necesidades que poidan xurdir». Neste sentido, é un Plan aberto ás achegas da cidadanía.

Ao acto, que se celebrou no salón de plenos da Casa Consistorial ás doce da mañá, acudiron o alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha