Presentado o Plan director do Parque do Pasatempo de Betanzos


O equipo técnico encargado da elaboración do Plan realizou un intenso proceso de investigación, inventario e análise de patoloxías, apoiado en probas para o estudo dos materiais, dos sistemas construtivos. Como resultado, o documento ofrece unha planificación global que ten en conta os elementos urbanísticos e arquitectónicos de Betanzos, entre outros aspectos, e conta con varias liñas de actuación. Entre outras cuestións, inclúe unha proposta de plan de mantemento e conservación preventiva con actividades, actuacións e intervencións materiais periódicas que se consideran necesarias para garantir o mantemento e conservación do Parque.

O documento tamén pon o foco nos usos do Parque e define algunhas actividades futuras para o monumento sempre baixo criterios de compatibilidade cos seus valores culturais, incluíndo a organización de obradoiros e actividades que permitise darlle usos educativos, formativos e de investigación, entre outros.

O novo plan director ten, ademais, cun apartado de actuación en restauración e recuperación, accesos e accesibilidade, xardinería e paisaxe, instalacións e equipamento social, cultural e turístico. Entre elas, salienta un área de mantemento, un espazo de participación, entre outras. O Plan Director incorpora a investigación, o coñecemento e a participación veciñal.

No acto participaron os directores de Turismo, Cultura e Patrimonio Cultural, Nava Castro, Anxo M. Lorenzo e Mª Carmen Martínez Insua, xunto ao delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Como indicou a directora xeral de Patrimonio Cultural este documento é froito do traballo emprendido nos últimos anos por parte do Goberno autonómico para a posta en valor do Parque do Pasatempo e que se iniciou coa declaración BIC deste espazo aprobada no ano 2020.