Presentado o plan especial de Arnados-Razo

1 minutes read

O equipo redactor do Plan especial de protección, infraestruturas e dotación en Arnados-Razo presentou este venres a súa proposta aos grupos municipais. O documento está listo, pendente só dos informes dos departamentos autonómico e estatal de Costas para que poida ser sometido ao trámite de aprobación inicial o antes posible. Pero ademais do que determinen os organismos competentes, que no caso de Arnados son moitos polo seu valor natural, tamén ten moito que dicir a cidadanía. Por iso, tras un proceso de elaboración sempre aberto á participación veciñal, tamén tivo lugar no CEIP Nétoma-Razo unha concorrida exposición pública, e despois da aprobación inicial aínda haberá dous meses para presentar alegacións.

O obxectivo do plan especial de Arnados é a ordenación integral dunha superficie de 312.811 metros cadrados, que se corresponde co solo rústico existente entre o núcleo de Razo da Costa ata o monte Peados.

O 38,24% da superficie constitúe unha área de rexeneración, na que case 100.000 metros manterán os usos actuais. O plan ordena tamén a rede viaria, establecendo zonas de acceso rodado, peonil e ciclista; ademais de novas áreas de aparcamentos.O 30% dos terreos quedan como solo rústico cos usos turísticos permitidos no POL.