Presentado o primeiro produto amparado polo selo de calidade de artesanía alimentaria

Trátase dunha cervexa ecolóxica producida por Kalinka Lagazós S.L., elaborada con ingredientes cultivados na propia explotación do operador (cebada e lúpulo). O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, destacou que este primeiro produto amparado polo novo selo poderá diferenciarse no mercado grazas ao distintivo xenérico de artesanía alimentaria que levará na súa etiqueta. Un distintivo que fora publicado o pasado mes de marzo xunto cos outros dous que darán conta de que as producións que os levan son produtos artesáns da casa (elaborados con materias primas procedentes dunha explotación agraria ligada á empresa artesanal responsable do produto) ou produtos artesáns de montaña (provenientes de empresas artesanais alimentarias radicadas en zonas cualificadas como “de montaña”, de acordo co que establece a normativa da Unión Europea).  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha