Presentado o programa de actuacións do ‘Novembro con Música’ carballés

1 minutes read

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, presentaron este venres a programación, nun acto no que tamén estivo presente a concelleira de Igualdade, Maica Ures, porque tamén a través da música queren seguir avanzando no camiño cara a igualdade.

Todos os públicos e todos os gustos están representados neste Novembro con Música, no que haberá folk, pop, música coral, clásica… e concertos de balde para todas as idades. “Queremos que novembro sexa unha data na que, dentro da intensísima programación cultural que se desenvolve ao longo de todo o ano, poidamos desfrutar da música”, comentou o alcalde. E con ese obxectivo presentaron a programación.

Desde o 10 deste mes ata o 14 do próximo veremos abrollar outro Novembro con Música, unha cita anual na que o Concello de Carballo conta coa colaboración do movemento asociativo e, nesta ocasión, tamén da Deputación da Coruña, a Real Academia Galega de Belas Artes, a Xunta de Galicia, a Fundación Carlos Casares e o Consulado de Uruguai en Galicia.

Programa