Presentado o segundo Clinic de Balonmán de Carballo


Carballo acollerá os días 19 e 20 deste mes o II Clinic de Balonmán organizado polo Concello, a través da área de Promoción Económica e Turismo, e no que contan coa colaboración de Balonmán Xiria. O alcalde, Evencio Ferrero; os concelleiros Xosé Regueira e Marcos Trigo, e Juan Ramón García del Río en representación do club, presentaron o cartel de luxo que converterá a Carballo no punto de encontro de adestradores/as e monitores/as de balonmán de toda Galicia.

O obxectivo da iniciativa é ampliar os coñecementos e a formación do persoal técnico dos clubs para seguir apostando polo deporte base de calidade grazas a un proceso continuo de revisión e mellora dos modelos de aprendizaxe dos nenos e nenas. Para conseguilo, o II Clinic de Balonmán Concello de Carballo contará con dous grandes mestres: Manuel Laguna e Enríque Díez.