Presentado o Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo

Cedida.

Do 26 de agosto o 2 de setembro disputarase o V Torneo de Xadrez Clásico Concello de Carballo, unha competición por formato suízo a 9 roldas, valedeira para Elo Internacional e Nacional, con partidas diarias de 90 minutos máis 30 segundos de incremento, e que repartirá importantes premios en metálico máis trofeos.

Para este ano agárdase unha participación duns 50-60 xogadores, algúns deles Grandes Mestres e Mestres Internacionais, como Vladimir Petkov de Bulgaria e varios novos talentos indios, que se enfrontarán aos mellores xogadores locais. Así o avanzaron o presidente e o secretario do Club de Xadrez O Toque Xiria, Javier Teixeira e Laureano Faya, respectivamente, que presentaron o cartel acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero.