O acto de presentación dunha unidade preserie do modelo Toyota Proace City, que será o primeiro vehículo producido por Toyota en España e que converte a Galicia no lugar desde o que se centralizará a produción para toda Europa, estivo presidido polo presidente da Xunta.
Logo de destacar a “alegría” porque Galicia volva ser o lugar no que unha marca internacional poña o ollos para que sexamos o punto de partida dun vehículo novo e punteiro, Feijóo reivindicou que a suma de novos e valiosos mercados amosan unha vez máis o exemplo que é Galicia.
Deste xeito, o titular do Goberno autonómico referiuse á nosa Comunidade como un exemplo de estabilidade, sinónimo de certezas e futuro para empresas e traballadores. E incidiu en que a nosa terra conta cun ecosistema de estabilidade entre o sector da automoción, a industria auxiliar e a Administración autonómica.