Presentado o vídeo da campaña turística de Galicia 2021

A Xunta publicou un vídeo como aperitivo da promoción que se fará no 2021 para atraer visitantes a Galicia no Xacobeo, acontecemento que, segundo o sector, debe marcar o inicio dunha nova era tras un ano durísimo para eles.

«No 2020 case non houbo facturación. É unha tarefa urxente e imprescindible dispor dun plan de rescate ambicioso e coa implicación de todas as administracións», defende Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia.

Alberto Núñez Feijóo lembrou que a Xunta dedicará 85 millóns de euros para garantir un Xacobeo coñecido e recoñecido, e, sobre todo, seguro.

«Se somos capaces de facer unha Galicia segura teremos garantido o turismo nos vindeiros anos e seremos unha potencia turística. Xogámonos o turismo da década», defendeu o presidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha