Presentado o XXXIII Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do XXXIII Gran Prix Carrilanas Esteiro, xunto á alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e o presidente da ADC Carrilanas de Esteiro, David Fernández. Este evento foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2021.

Durante a súa presentación, Castro salientou a importancia do evento, tildándoo de acontecemento de referencia do verán de Galicia, que provoca que se conte por miles as persoas que se dan cita en cada edición para gozar deste evento que xa é tradición no lugar.

“Grazas a festas como esta, Galicia convértese nun faro de cultura e tradicións, permitíndonos fomentar a diseminar a chegada de turistas a nosa comunidade a través de todo o territorio, o que fomenta o descubrimento das marabillas que se esconden na nosa terra, axudando a desenvolver o tecido empresarial, especialmente no ámbito rural” indicou a directora de Turismo de Galicia.

No marco do evento actuarán Xoel López, Ortiga, Heredeiros da Crus, SÉS, e A banda da Loba, entre outros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha