Presentado un novo programa para promocionar a gastronomía española polo mundo

No marco do primeiro Encontro Internacional de Turismo Gastronómico celebrado na 20 edición de Madrid Fusión, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, presentou «SpainFoodNation» un novo programa para promocionar a gastronomía española polo mundo. A iniciativa destaca a alta calidade dos produtos que se cultivan e cociñan, e o orgullo polo traballo feito polos profesionais do sector.

Na súa intervención, a ministra destacou que «a gastronomía é unha prioridade estratéxica para o Goberno, non só polo seu enorme valor como atractivo turístico, tamén pola súa capacidade para loitar contra o despoboamento do territorio e o reto demográfico e o seu potencial para proxectar a nivel internacional a marca España.

«España é líder mundial en gastronomía porque a gastronomía española é produto pola alta calidade das materias primas. Tamén é talento pola gran preparación de todos os traballadores do sector. E é innovación, superando a concepción de algo pracenteiro para estar considerada como unha vivencia en conexión coa cultura e a artesanía. » SpainFoodNation» vai contribuír a reforzar este liderado», sinalou a ministra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha