Instalado un novo radar no Faro de Roncadoira en Xove

O aparello foi instalado pola Autoridade Portuaria para controlar o tráfico do porto de Alcoa e os fondeadoiros de San Román, na ría de Viveiro e dos Farallóns, fronte a San Cibrao. Unha importante labor que con este sistema realiza a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao a favor do control do tráfico marítimo e do incremento da seguridade na navegación. As actuacións realizadas para a posta en marcha da estación de radar supuxeron un investimento total de máis de 355.000 euros, cofinanciados co Fondo de Compensación Interportuario. O obxectivo deste radar é que desde o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo na Coruña teñan a información sobre a localización exacta das embarcacións que naveguen baixo a responsabilidade da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Para iso, este servizo brinda imaxe real do tráfico nestas augas, o que facilita a coordinación e control do tráfico portuario marítimo que realiza Salvamento Marítimo do Estado (Sasemar) en nome das autoridades portuarias. No acto de presentación estiveron presentes a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha