Presentado un plan de axudas para a reactivación do ocio nocturno

La Luna.

Este plan irá destinado a discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores. Cómpre lembrar que se trata do único sector pechado por completo por causa da pandemia. Así llo trasladou a Xunta aos empresarios do ocio nocturno nun encontro co sector, será un plan de reactivación que incluirá axudas para o alugueiro, a celebración de concertos e o mantemento do emprego nestes locais. As medidas van dirixidas aos negocios que se viron obrigados a pechar, e que seguen pechados a día de hoxe -agás as terrazas-, tras a decisión adoptada polo Ministerio de Sanidade, en coordinación coas comunidades autónomas, para o conxunto de España. Ademais, a Consellería de Emprego e Igualdade destinará fondos a manter o emprego neste sector e a Vicepresidencia segunda, a través do Igape, aprobará unha liña específica de créditos, que terá un importe máximo de 500.000 euros.