O BNG presentou en rolda de prensa en Carballo aos candidatos ás alcaldías da Comarca de Bergantiños para as próximas eleccións municipais do 26 de Maio pola formación nacionalista, excepto ao de Cabana de Bergantiños que está por concretar. Abriu o acto de presentación o responsable local do BNG Xosé Regueira, que dixo ter a confianza e traballar co obxectivo de expandir o exemplo de Carballo ao resto da Comarca, dado que na maioría dos concellos de Bergantiños hai, segundo Regueira, moita parálise municipal. Os candidatos presentados polos distintos concellos foron os seguintes: Malpica: Daniel García, Ponteceso: Carlos Penedo, Laxe: Xosé Manuel Pose, Coristanco: Xosé Antón Andrade, Laracha: Xoan Sande, Carballo: Evencio Ferrero. Acto seguido -por ser o último en presentar, e o único candidato en intervir- Xosé Regueira referiuse a Evencio Ferrero como o seu candidato, o candidato que leva transformando Carballo desde o ano 2003, unha moi boa noticia non só para o BNG senón tamén para toda a sociedade de Carballo, dixo Regueira.
A Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón escomenzou a sua intervención dando as grazas os presentes e dixo que era para ela unha honra estar neste acto de presentacion dos candidatos de Bergantiños, dado que hay moito en xogo o 26 de maio tanto para as persoas como para o desenvolvemento colectivo, algo que afronta con moito optimismo. Citou Carballo como un concello referente en Galicia, un concello que medra, onde hay dinamismo económico e un concello que atrae poboación e que non e froito da casualidade, senón do traballo e do esforzo, e iso é o que pide que se estenda a toda a comarca de Bergantiños. Aplicando politicas que poñan en valor a enorme capacidade que teñen os concellos. Ponton di que o BNG ofrece compromisos claros en todos os concellos do país a hora de defender a democracia, o emprego, a recuperación do noso patrimonio e facer unha xestión racional dos recursos públicos, evitando o mal gasto e obras que non sirven para nada, que simplemente son un despilfarro dos cartos de todos e todas… pediu concellos transparentes onde haxa igualdade entre todos os veciños e veciñas. Consciente de que son unhas eleccións interferidas polas xerais, das que subliñou que son unha oportunidade para recuperar unha voz propia en Madrid que defenda a Galicia a todos os niveis, lei mordaza, orzamentos, lomce etc…algo que dixo, moita xente vota de menos cando non está o BNG.
Pechou o acto Evencio Ferrero que dixo estar encantado de estar rodeado de persoas que renovan ou asinan o compromiso co nacionalismo da comarca. Dixo que o BNG ten un modelo própio para cada concello, e telo acreditado e demostrado en Carballo, onde o modelo do BNG serviu para transformar o pobo, ultimamente incluso de unha maneira mais acelerada, con estabilidade política e un gran avance transformador grazas a un gran equipo, o mellor equipo: ó BNG .
Os resultados están ahí, dixo Evencio. Sen descoidar que os mellores equipos tamén necesitan novas caras e as mellores reformas. Di ter as 31 persoas que configurarán a candidatura, pero esperará o momento oportuno de facer a sua presentación. Citou que onde o BNG ten responsabilidade de goberno a xente percibe honestidade, caso de ponteceso, Laxe e Carballo. Fixo referencia Evencio a os problemas dispares de cada concello, pero tamén aos problemas comúns como a sanidade en xeral, pediatria, atención primaria ou a tan demandada ambulancia medicalizada. A perdida de población, dixo ser outra preocupación.
Tamén se lembrou das visitas de Feijóo a Carballo, subliñou que só ven en campaña a algún mitin e para pedir o voto, e que desde que él é alcalde institucionalmente só veu unha vez a cortar unha cinta dunha obra que fixeran outros. Recalcando que as grandes inversións que fixo a Xunta en Bergantiños foron na época do bipartito. Evencio como alcalde pediulle a Feijóo responsabilidade e respeto institucional coa comarca. Nomeou a necesidade de ter infraestructuras de comunicación entre os parques industriais e a capital de Galicia en condicións óptimas, que nón e de recibo facelo con tráfico pesado polo medio do casco urbano, dos colexios, institutos, centros de primaria ou instalacións deportivas e por unha estrada provincial.
Por ultimo outro problema común dixo, é o modelo de financiación dos concellos, con inconvenientes añadidos os que teñen dispersidade poboacional como e o caso da comarca, onde e moito mais complexo e costoso prestar os servizos básicos que en núcleos de poboación concentrada. Por último desexou que a confianza que o pobo de Carballo depositou no BNG estos anos, se traslade tamén ao resto dos concellos de Bergantiños.